Inscricións abertas para o curso práctico de fermentados caseiros

20/04/2026

Desenvolverase en maio con 20 prazas gratuítas e as inscricións xa están abertas por teléfono ou whatsapp nos números 604 025 288 e 698 162 286.

20, abril, 26.- O Concello de Poio organiza unha nova edición do curso “Fermentados caseiros”, unha actividade formativa para achegar á veciñanza ao mundo da fermentación doméstica.

O curso será impartido por Soledad Saburido Álvarez, de Fermentos da Meiga, e ten como obxectivo introducir ás persoas participantes nun método tradicional de conservación de alimentos que permite mellorar o seu valor nutricional, desenvolver novos sabores e reducir o desperdicio orgánico.

A actividade é gratuíta e conta con 20 prazas, co fin de garantir unha formación práctica e de calidade. As inscricións xa están abertas e poden realizarse nos teléfonos e WhatsApp 604 025 288 e 698 162 286.

O curso desenvolverase os días 12, 14, 19 e 21 de maio, en horario de 16.30 a 19.30 horas, na Casa Rosada.

Entre os contidos inclúense a introdución á fermentación e os seus beneficios, a elaboración de fermentos vexetais e bebidas fermentadas, así como unha degustación final.

O concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Domínguez, destaca o crecente interese da veciñanza polas prácticas sostibles, como a separación de residuos, a reutilización e a economía circular, unha tendencia que se reflicte na alta demanda deste tipo de actividades formativas.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio