Once matrimonios foron protagonistas esta tarde da homenaxe que o Concello de Poio lles brindou polas súas vodas de ouro. Foi nun acto “moi especial e emotivo”, que se celebrou na Casa Rosada, e no que participaron o alcalde, Ángel Moldes, e a concelleira de Benestar e Igualdade, Natividad Torres, ademais de familiares e amigos.
Os matrimonios homenaxeados foron os de Félix Gulías e Herminia Hermida, José Manuel Tilve e Mercedes Couselo, José Torres e Dolores Rodríguez, Juan Manuel Rial e Trinidad Piñeiro, Rogelio Vilariño e María del Carmen Iglesias, Ángel Modesto Piñón e Ramona Penela, Sebastián Tomé e María Ángeles Blanco, Ángel Martínez e María Luisa Aguín, José Luis Martínez e María Dolores Franco, José Ferreiro e Elsa Torres e Francisco Castro e Rosa Casal.
Ángel Moldes subliñou que “hoxe é un día de recoñecemento ao que significan 50 anos de matrimonio, de amor, de respecto, de sacrificio e de comprensión mutua. Un día para recordar e valorar todo o que conseguistes despois dunha vida xuntos. Sodes grandes exemplos para todos nós”. Nun salón totalmente decorado para a ocasión, fixeron entrega dun diploma e ramo de flores a cada matrimonio, tras facer un repaso dos momentos máis importantes das súas vidas así como dos fitos máis importantes acontecidos en 1974, ano da súa voda.
Dos 118 matrimonios que celebraron a súa voda en Poio en 1973, 31 deles fixeron a súa vida en Poio e teñen a sorte de vivir os dous membros, e finalmente foron, por circunstancias persoais, once matrimonios os que participaron nesta homenaxe.