Exercicio ao aire libre para adultos, na finca da Casa Rosada e na Reiboa

05/07/2024

A través do programa Cóidate sempre, é unha actividade gratuíta que se desenvolve durante os meses de xullo e de agosto.

Mañá mércores comezan as actividades ao aire libre a través do programa Cóidate Sempre do Concello de Poio, no que se organizan sesións de exercicio para persoas adultas. Así, todos os mércores dos meses de xullo e de agosto, de 10.00 a 11.00 horas, esta actividade organizarase na finca da Casa Rosada, e os venres desenvolverase, no mesmo horario, na Reiboa (A Seca). Durante aproximadamente unha hora, os asistentes realizarán diferentes exercicios e estiramentos.

O obxectivo desta actividade é fomentar a práctica deportiva tamén durante a época estival, promocionando hábitos de vida saudables. As sesións son gratuítas e non é necesario inscribirse. É suficiente con achegarse ata o emprazamento onde se desenvolve a actividade, con roupa cómoda e auga.

SARDIÑADA NA CASA ROSADA

Por outra banda, este venres celebrarase a tradicional Sardiñada da Casa Rosada, dirixida ás persoas maiores e ao alumando do centro social.

A entrada será de balde. As sardiñas asadas comezarán a prepararse sobre as 18.00 horas e, posteriormente, comezará o reparto de racións, que estarán acompañadas de viño e pan de millo. A velada estará amenizada con actuacións musicais.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio