Entrega da Caixa Benvida ao dezaséis bebés nados en Poio entre abril e xuño: «Sodes xa unha parte fundamental do noso concello»

30/06/2025

Ángel Moldes: «un reflexo claro de que as propostas para as familias deben ser unha parte importante da nosa acción de goberno”.

O alcalde fixo entrega da Caixa Benvida do Concello de Poio a dezaseis familias tras o nacemento dos seus bebés no segundo trimestre do ano, “un reflexo claro de que as propostas para as familias deben ser unha parte importante da nosa acción de goberno”.

Así, trasladou os mellores desexos de toda a corporación para Ainara, Alba, Natalia, Lois, Enzo, Bruno, Johana, Manuel, Antía, Zoe, Amira Raquel, Nadir, Indiana, Maximo, Ada e Enoc: “sodes xa unha parte fundamental para o noso municipio”. Ademais aproveitou a ocasión para agradecer ás familias que elixisen Poio para establecerse e iniciar o seu proxecto de vida.

A Caixa Benvida do Concello de Poio é un pequeno agasallo que se entrega aos bebés nados no municipio e que inclúe algúns produtos útiles para os primeiros meses de vida.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio