Conclúen os traballos para protexer e conservar o metrosideros robusta do Pazo Besada, con máis de cen anos e especie única en Galicia

15/11/2024

As actuacións incluíron poda de mantemento e limpeza de polas secas ou en mal estado, descompactación do terreo e aportación de nutrintes, instalación de anclaxes para riscos de rotura e aseguramento da árbore.

Os xardíns do Pazo Besada contan cunha especie única en Galicia, un exemplar de metrosideros robusta que ten máis de cen anos e que forma parte do catálogo de árbores senlleiras de Galicia tanto pola súa antigüidade como porque se trata dunha especie pouco común na comunidade autónoma.

Desde o Concello de Poio, en colaboración coa Xunta, realizaron traballos de poda de mantemento e limpeza de polas secas ou en mal estado, descompactación do terreo e aportación de nutrintes, instalación de anclaxes para riscos de rotura e aseguramento da árbore. Aínda que esta árbore única se atopaba en bo estado, tanto físico como sanitario, con estas actuacións garántese a súa conservación e protección. Ademais, renovouse tamén o cartel con toda a información sobre esta especie, onde se destacan algunhas das súas características, como por exemplo a súa floración, o tipo de folla e cortiza.

O metrosideros arbusta do Pazo Besada é unha árbore robusta da familia das mirtáceas, facilmente recoñecible entre outras especies de metrosideros polas súas follas verdes escuras e aterciopeladas que miden de 25 a 50 mm de lonxitude por 15-25 mm de ancho e teñen unha ruptura distintiva na punta. A súa copa é ampla e tupida, mostrando a súa parte máis frondosa cara a estrada, por atopar aquí maiores posibilidades na obtención de luz.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio