Comeza en Poio o curso de carnicería e charcutería con todas as prazas cubertas

04/11/2024

Organizado coa colaboración de Acción Contra el Hambre, destacan que supón unha grande oportunidade para os asistentes ao tratarse dunha formación cunha alta demanda laboral.

Esta mañá comezou na Casa Rosada o curso de Carnicería e Charcutería organizado polo Concello de Poio e a Fundación Acción contra el Hambre, e no que participan dez persoas, que se formarán en dúas ocupacións que contan cunha demanda laboral moi alta.

O alcalde, Ángel Moldes, que participou, xunto á concelleira Maritxe González, e a representante da Fundación Acción contra el Hambre, Marta Vives, na súa inauguración, destacou que “é unha oportunidade moi interesante para todas as persoas que participan, xa que van recibir unha formación gratuíta nunha profesión que na actualidade conta cunha grande carencia no mercado laboral e, polo tanto, con altas probabilidades de atopar un traballo.

O curso ten unha duración de 100 horas, das que cincuenta son teóricas e as outras cincuenta, prácticas non laborais en empresa.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio