Benestar e Igualdade organiza novas actividades a través do programa “Cóllelle o gusto”

30/01/2024

A Concellería de Benestar e Igualdade organiza novas actividades a través do programa “Cóllelle o gusto”, no que, segundo explica a edil, Natividad Torres, “estes obradoiros supoñen unha oportunidade para probar e descubrir novas afeccións, ao mesmo tempo que se comparte tempo de lecer con outras persoas”. 

As inscricións para participar nestes obradoiros gratuítos, que se desenvolverán na Casa Rosada, xa están abertas no Pazo Besada ata completar as prazas dispoñibles.

A primeira actividade programa será para elaborar cadros naturais con follas, o venres 23 de febreiro en horario de tarde. En marzo, a proposta será realizar moitas flores con diferentes materiais, desde fieltrina, papel crepe, gomaeva, cartolinas… O venres 22, entre as 17.00 e as 21.00 horas. No mes de abril os participantes aprenderán a facer pulseiras, pendentes, broches, brazaletes, colgantes… con zipper (cremalleiras). Será o 26 de abril tamén en horario de tarde. En maio, o obradoiro adentrará ao alumnado na tapicería, para realizar un escabel.

Ademais destes obradoiros, tamén continúan en marcha as actividades anuais programadas desde o departamento de Benestar e Igualdade, que inclúen os talleres saudemente, destinado para maiores de 60 anos e que se organizan de xeito itinerante por todas as parroquias coa participación de 120 persoas. De feito, o alcalde, Ángel Moldes, visitou estes días ás alumnas que participan no taller que se desenvolve na Casa Rosada, no que se inclúen actividades de memoria e de ximnasia importantes para manterse activos.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio