PRIMEIRA.- O Concello de Poio publica as bases para o Desfile de Entroido 2025 que terá lugar o domingo 2 de marzo de 2025, ás 12:00 horas, dentro do programa de actividades do Entroido 2025.
SEGUNDA.- A concentración e o desfile farase o domingo 2 de marzo nos seguintes lugares e horas:
- PUNTO DE ENCONTRO (11:00 h): Diante da Biblioteca Municipal de Poio, Campelo.
- DESFILE (12:00 horas): Con saída dende a Biblioteca Municipal de Poio e con chegada a Praza da Granxa.
- ENTREGA DE PREMIOS: no lugar da Praza da Granxa, ao finalizar o desfile.
Todos/as os/as participantes deberán estar no lugar de concentración e montaxe á hora sinalada (11:00 h). A orde do desfile será asignada pola organización. O incumprimento do horario previsto polos/as participantes poderá supoñer o seu desprazamento ao ultimo lugar do desfile.
TERCEIRA.- Poderán participar todas as persoas que se inscriban nalgunha das seguintes categorías e subcategorías:
CATEGORÍA:
- Adulto: A partir de 15 anos.
- Infantil: ata os 14 anos.
SUBCATEGORÍA:
- Grupos: Terán como mínimo 3 participantes que deberán gardar unha unidade temática; poderán ir acompañados de carroza ou plataforma móbil.
- Parellas: Ambos disfraces deberán estar relacionados baixo a mesma unidade temática.
- Individual: Valorarase a aqueles disfraces que se presenten de maneira individual.
As persoas participantes non se poderán inscribir en máis dunha categoría.
CUARTA.- O prazo para a presentación de solicitudes permanecerá aberto dende as 9:00 h do día seguinte á publicación destas bases no BOP ata o 21 de febreiro.
As solicitudes de inscrición de grupos (asociacións ou persoas xurídicas) débense presentar a través da Sede Electrónica do Concello (https://concellopoio.sedelectronica.gal/info.0) mediante formulario habilitado para tal efecto.
No caso de inscrición de individuais ou parellas (persoas físicas) poderanse presentar a través da Sede Electrónica ou Rexistro Xeral do Concello de Poio (en horario de 08:30 a 14:00 horas) en impreso normalizado para este fin.
Tamén poderán facer a inscrición, o mesmo día do desfile nas inmediacións da Biblioteca Municipal de Poio, entre as 09:30 e 11:00 horas.
Xunto coa solicitude de inscrición deberase acompañar a seguinte documentación:
- Copia do DNI do/da participarte no desfile e do/da seu titor/a ou representante legal, (no caso de menores de idade).
- No caso de asociacións, copia do CIF da entidade e do DNI do/da representante.
QUINTA.- Os premios establecidos para o concurso son os seguintes:
CATEGORÍA | SUBCATEGORIA | 1º | 2º | 3º | 4º | 5º |
ADULTOS | Individual | 170 € | 120 € | 75 € | 50 € | |
Parellas | 210 € | 160 € | 120 € | 90 € | ||
Grupos | 500 € | 400 € | 300 € | 200 € | 100€ | |
INFANTIL | Individual | 120 € | 105 € | 70 € | — | |
Parellas | 160 € | 120 € | 75 € | 50 € | ||
Grupos | 250 € | 205 € | 160 € | — | ||
PREMIOS ESPECIAIS | ||||||
ESPECIAL CHOQUEIRO | 200 € | 155 € | 110 € | 80 € | ||
ESPECIAL ANIMACIÓN | 200 € | 155 € | 110 € | — |
Os premios ESPECIAIS serán compatibles co resto de premios.
O importe máximo dos premios a repartir, anteriormente referidos, será de 4.820 €.
O pago farase mediante transferencia bancaria. Os premios estarán sometidos as retencións do IRPF que legalmente correspondan.
Ao remate do desfile, o xurado dará a coñecer os/as gañadores dos premios. Será obrigatoria a presenza dos/das participantes ou dalgún/dalgunha representante dos grupos ou parellas participantes durante a lectura dos premios. A non presenza implicará a renuncia ao premio.
SEXTA.- O xurado estará composto polos membros que forman parte da comisión municipal de Educación, Cultura e Deporte, e será presidido pola concelleira delegada de Cultura.
O xurado terá liberdade de criterio para establecer a súa avaliación e cualificación atendendo a cuestións como o vestiario, a orixinalidade, coreografías, harmonía, simpatía, actitude, ritmo, animación, estética, posta en escena, maquillaxe, máscaras e demais complementos propios do Entroido, presenza de elementos complementarios como carrozas ou plataformas móbiles, etc.
As persoas membros do xurado avaliarán aos/ás participantes no desfile dende diferentes puntos do percorrido sen determinar.
Ao remate do desfile as/os compoñentes do xurado reuniranse para fallar o resultado e comunicalo publicamente. A puntuación de cada membro do xurado será, para cada categoría e subcategoría, de 0 a 3 puntos. Os premios outorgaranse segundo as puntuacións totais obtidas, despois da suma das valoracións parciais de cada compoñente do xurado. No caso de empate decidirá o voto de calidade da presidenta.
A decisión derivada da aplicación dos criterios de avaliación do xurado é inapelable.
SÉTIMA.- Co obxecto de garantir a seguridade dos demais participantes e do público asistente, o persoal da organización e o xurado do concurso quedan facultados para excluír do desfile ou cambiar o seu posto da orde a calquera elemento dos/das participantes que se considere perigoso (petardos, bengalas…).
OITAVA.- As carrozas ou plataformas móbiles terán que levar obrigatoriamente un extintor de incendios na cabeza ou vehículo tractor.
NOVENA.- A organización queda facultada para resolver as posibles eventualidades ou controversias que poidan xurdir, non previstas nestas bases.
DECIMA.- Por motivos climatolóxicos, o desfile poderá ser adiado ou suspenderse definitivamente.
UNDÉCIMA.- A organización realizará unha cobertura fotográfica dos diferente momentos do desfile. Os/as participantes, mediante a inscrición, consentirán na cesión da súa imaxe para as fotografías que se realizarán durante a celebración deste evento. As fotografías serán utilizadas pola Concellería de Cultura con fins divulgativos e para a promoción das súas actividades nos seus perfís sociais e páxina web oficial.
DUODÉCIMA.- A participación no desfile, supón a aceptación de todos os puntos das bases.
DÉCIMO TERCEIRA– As presentes bases estarán expostas no taboleiro de anuncios da Concello de Poio e na páxina web www.concellopoio.gal.