As orquestras París de Noia, Os Satélites, La Ocaband, Capitol e Ritmo Joven actuarán no San Xoán de Poio

09/06/2025

A lectura do pregón, a cargo a veciña Pilar Martínez Soto, dará o pistoletazo de saída o día 22 a seis días de festa.

Varias das orquestras máis destacadas de Galicia actuarán en Poio nas festas do San Xoán, que se celebran entre o 22 e 27 de xunto. A festa arrancará coa lectura do pregón, o domingo 22, para dar paso a seis días de festa nas que se mesturan tradición, música, deporte, gastronomía, cultura e entretemento para todas as idades.

Á espera de coñecer a programación completa para as festas deste ano, desde o Concello de Poio xa adiantan a programación musical, cun cartel de gran nivel que inclúe as actuacións de París de Noia, Os Satélites, La Ocaband, Capitol, Marbella, Ritmo Joven, Miramar e Grupo Azabache.

Deste xeito, o mesmo día do pregón, o día 22, por segundo ano consecutivo organízase a verbena no Campillo do Mosteiro, coa actuación do Grupo Azabache, unha tradición que se recuperou hai un ano para poñer en valor os bailes que se organizaban no pasado.

O luns 23, na noite de San Xoán, a verbena da Seca estará protagonizada por outra orquestra local, Ritmo Joven, mentres que o martes 24 será a quenda de Mirabar e La Ocaband. O mércores Os Satélites e París de Noia serán os encargados de poñer a música na Seca, mentres que o xoves, día 26 actuarán Capitol e Marbella.

O concelleiro de Festexos, Fran Dasilva, sinala que nos próximos días darase a coñecer a programación completa das festas que están practicamente pechada. “Estas son as primeiras novidades, pero estamos convencidos de que, de novo, o San Xoán vai ser unha festa para divertirse e para troulear con amizades e coa familia, porque imos presentar unhas festas participativas, inclusivas e para todos os públicos. Estamos traballando nunha programación de calidade para a nosa veciñanza, pero tamén para atraer persoas e visitantes doutras localidades”.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio