ÁNGEL MOLDES VALORA COA AAVV DE LOURIDO AS PRINCIPAIS NECESIDADES DO LUGAR

14/01/2024

2024.

O alcalde de Poio, Ángel Moldes, reuniuse esta mañá con representantes da asociación de veciños de Lourido que lle trasladaron as principais necesidades que hai neste lugar de cara a este exercicio, a maioría delas relacionadas coa falta de mantemento dos últimos anos tanto na área de xogo como nas pistas deportivas. 

Moldes subliñou que para o Goberno local é fundamental manter este tipo de contactos coa cidadanía e cos colectivos, porque eles son os que mellor coñecen a situación de cada lugar e cales son as principais necesidades e prioridades, e manifestoulles toda a súa implicación e atención ás cuestións que lle trasladaron.

Así, entre outros temas, desde a asociación incidiron na necesidade de  revisar o estado de todos os xogos do parque infantil e eliminar os charcos, así como recuperar unhas porterías que se retiraron hai anos na área da praia sen que fosen substituídas. Ademais, tamén estiveron comprobando o deterioro do firme no camiño Mato, onde é necesario actuar.

Moldes explicou que o obxectivo do Goberno local é dar resposta este ano a pequenas actuacións, algunhas delas novas e outras de mantemento, que cos anos foron quedando esquecidas pero que son importantes para mellorar a calidade de vida e os servizos dos veciños. 

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio