Ángel Moldes reúnese coa AECC para interesarse polas intervencións que fan en Poio

07/11/2024

O Concello de Poio renovou recentemente o convenio con esta asociación, para consolidar o amplo programa de atención e prevención ao que pode acceder a veciñanza do municipio que sufre esta enfermidade.

O alcalde de Poio, Ángel Moldes, e os concelleiros Natividad Torres e Marcial García, reuníronse esta mañá coa AECC en Pontevedra, un encontro que serviu para coñecer á nova directiva, presidida por Blanca Ana García, e valorar algunhas das accións e actividades que realizan ao longo do ano.

Tras renovar o convenio de colaboración hai un mes entre o Concello de Poio e a AECC, tamén analizaron as intervencións que realizan con pacientes de Poio. Este convenio facilitou neste concello 376 intervencións en 2023 e, entre xuño e setembro de 2024, xa suma 232 e 42 persoas atendidas. Nesta liña, Moldes asegurou que a AECC e os pacientes atoparán sempre a colaboración do Concello de Poio, e puxo en valor a actividade que desenvolve a asociación para coidar das persoas de xeito integral, ofrecendo unha atención especializada e na proximidade a enfermos e familiares, tanto na sede da asociación como nos domicilios, en caso de enfermidade avanzada ou terminal, ou nos hospitais nos que poidan estar ingresados os doentes.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio