O alcalde de Poio, Ángel Moldes, reuniuse esta mañá con representantes da plataforma En Loita, que defende os dereitos das nenas, nenos, nais e adolescentes e que nas últimas semanas están visitando varios concellos da provincia para trasladar a necesidade e importancia da atención temperá.
Precisamente, sobre a nova Unidade que o Concello de Poio e a Xunta están poñendo en funcionamento na Casa Rosada, e que se vai inaugurar a próxima semana, lles informou o alcalde, que amosou o seu convencemento de que se vai converter “nun servizo fundamental e importantísimo” para as familias do municipio, xa que por primeira vez ofrecen en Poio intervencións gratuítas aos menores, ás súas familias e á contorna para dar resposta, o antes posible, ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos.