Ángel Moldes felicita a Cristian Fernández Nieto tras conseguir o bronce no Mundial de Acuatlón en Australia

03/01/2025

O alcalde de Poio, Ángel Moldes, e o concelleiro de Deportes, Tucho Muíños, entregaron esta semana a Cristian Fernández Nieto un agasallo en nome do Concello de Poio como recoñecemento ao éxito colleitado no Campionato do Mundo de Acuatlón, que se celebrou en Australia, onde o poiense conseguiu a medalla de bronce, culminando deste xeito unha gran temporada deportiva.

Moldes salientou que Poio é berce de grandes deportistas en múltiples disciplinas: “cada un dos vosos éxitos son o noso orgullo” e subliñou que “sodes grandes embaixadores do noso concello por todo o mundo”. Por último, trasladoulle os mellores desexos para a tempada próxima.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio