O alcalde de Poio, Ángel Moldes, recibiu na Casa do Concello a Áurea Moldes Cochón, veciña de San Salvador que esta fin de semana celebrou o seu 100 aniversario rodeada da súa familia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde fíxolle entrega dun ramo de flores e trasladoulle os mellores desexos en nome de toda a corporación municipal e da veciñanza de Poio. Durante o encontro, no que tamén participou familia de Áurea, compartiron unha agradable conversa na que lembrou algúns dos momentos máis entrañables da súa vida e lembrou a súa paixón polo baile.
Nesta ocasión, foi a propia Áurea quen quixo achegarse á Casa do Concello para coñecer as instalacións municipais e compartir este aniversario tan especial.