Alumnado da Escola de Ciclismo, protagonistas na inauguración da primeira pista de pump track de Poio

16/12/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto co alcalde de Poio, Ángel Moldes, e alumnado da Escola Municipal de Ciclismo e do Poio Bike, inauguraron este sábado a primeira pista de pump track da localidade. que con 51.000 euros foi financiada integramente con recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas do organismo provincial.  “Aquí estamos –subliñou o presidente- diante dunha nova mostra de que vivimos na provincia do deporte, unha provincia que conta con instalacións novas, modernas e de calidade como é esta pista de pump track que inauguramos hoxe e que é froito da colaboración entre administracións e dun plan pioneiro e extraordinario como é o de Infraestruturas Deportivas”.

López, que recordou que para o vindeiro ano o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas duplicará o seu orzamento pasando dos 4 aos 8 millóns de euros, subliñou que “esta nova pista de pump truck permitirá diversificar a oferta deportiva e de ocio no concello e avanzar nesta aposta por mesturar o deporte e o contacto coa natureza de forma saudable e sustentable”. Ademais, puxo en valor que “o circuíto redondea un complexo deportivo ao aire libre adaptado aos novos tempos como é esta zona da Seca”.

O presidente aproveitou a ocasión para poñer en valor outros investimentos que está a impulsar a Deputación de Pontevedra en Poio e que ascenden a case 1,5 millóns de euros como a mellora de camiños en distintos puntos do concello, a reparación dos vestiarios do campo da Seca, o apoio na organización de eventos deportivos singulares ou tamén na posta en marcha de iniciativas culturais. “Son só unha pequena recompilación de proxectos e iniciativas dos froitos que dá a colaboración leal entre a Deputación e o Concello de Poio, unha cooperación que, cando ao outro lado da mesa está  unha persoa como Ángel Moldes é unha tarefa moito máis sinxela”, remarcou Luis López.

Pola súa banda, o alcalde Ángel Moldes subliñou que “temos unha zona con máis árbores dos que había antes, cun parque infantil homologado e co primeiro asento inclusivo do noso concello e cun circuíto que xa é unha realidade

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio