2023. Un dos departamentos que desenvolve un traballo moi importante no Concello, dentro da área de Promoción Económica e Urbanismo, é a Oficina de Orientación Laboral, que no ano 2022 viu incrementada a súa actividade de maneira notable. Máis de 1.300 persoas foron asesoradas a través desta oficina, tal e como sinala o concelleiro responsable da área, o socialista Gregorio Agís. Esta cantidade supón un importante aumento con respecto aos datos correspondentes ao exercicio anterior, cando se prestou servizo a aproximadamente 700 cidadáns. “Consolídase a tendencia á alza dos últimos anos, que xa viñamos detectando mesmo desde antes da pandemia”, apunta o edil do Goberno municipal, que incide en que, se ben a meirande parte das persoas que acoden ás instalacións, situadas no Centro de Formación da Reiboa (A Seca), “tamén existe unha importante demanda por parte de veciños e veciñas doutros concellos da bisbarra e da contorna”.
Este ano centrarase en homenaxear ás persoas que impulsaron esta festa que celebra a súa XXXVI edición. Azúcar Moreno actuará...