A CONCELLERÍA DE MOCIDADE ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA VARIOS CURSOS FORMATIVOS A DESENVOLVER DURANTE A PRIMAVERA

12/01/2024

2023.

A Concellería de Mocidade, coordinada pola socialista Rosa Fernández, informa da apertura do prazo de inscrición de varios cursos de formación, que darán comezo ao longo das vindeiras semanas. O primeiro deles será o habitual curso oficial de monitor ou monitora de tempo de lecer, no que o alumnado aprenderá a desenvolver traballos de animación, ludotecas ou labores en comedores escolares. Terá un contido de 200 horas teóricas e 150 de carácter práctico. As clases iniciaranse o 20 de marzo, na finca de Besada, en horario de 9.30 a 13.30 horas, ata primeiros de xuño. Impatirán as sesións responsables da entidade ‘Argalladas’ e o custe será de 150 euros por persoa, estando parcialmente subvencionado.

O día 21 será o inicio da formación en manipulación de alimentos, dirixida a veciños e veciñas que precisen da obtención do carné que os autoriza a xestionar produtos alimenticios, acreditando deste xeito que posúen os coñecementos e habilidades necesarias para desenvolverse neste eido. Esta é unha formación gratuíta, de tres horas de duración, impartida por Ara Formación e cunha duración de tres horas.

Xa no mes de abril, chegará o curso de adestramento canino, de 15 horas de duración, encamiñado a ensinar, a cargo dunha persoa profesional, a linguaxe canina, incluíndo sinais de calma e agresividade, medos, estrés, recompensas e correccións. Inclúe horas teóricas e prácticas. As sesións serán os días 15, 22 e 29 de abril, así como o 6, 13 e 20 de maio, en horario de 10.00 a 13.00 horas, cun prezo de 25 euros.

A programación pecharase un obradoiro de gomaespuma, para a creación de títeres, bonecos e outros elementos, de 8 horas de duración, pensado para persoas maiores de 12 anos. A inscrición será de carácter gratuíta, cunha achega de 5 euros para a compra de materiais a utilizar durante a clase.

A concelleira Rosa Fernández lembra que se pode obter máis información chamando ao 986872401, de xeito presencial nas dependencias da Casa Rosada ou enviando un correo electrónico a xuventude@concellopoio.org.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio