2023. A Aula Cemit de Combarro, situada na antiga Escola do Campo, iniciará o ano 2023 ofrecendo máis de 50 horas de formación gratuíta, con contidos pensados fundamentalmente para persoas que teñen interese en iniciarse no manexo das novas tecnoloxías. Se ben os cursos non darán comezo ata o luns 16 de xaneiro, as instalacións xa estarán abertas desde o día 9. Desde entón e ata o venres 13, a Aula Aberta estará a disposición da veciñanza, con cita previa, de 16.00 a 21.00 horas. Posteriormente, o horario será de 19.30 a 21.00 horas.
Formalizouse a compra do terreo a finais do ano pasado, para dar resposta así a unha demanda veciñal. Financiarase con...