A GALA DO CIRCO, A FEDELLENETA, AS BADALADAS EN SAN MARTIÑO E O CONCERTO DE ANINOVO DAN CONTINUIDADE AO PROGRAMA DO NADAL

14/01/2024

2023.

Mañá os puntos de encontro para as familias son a Aldea da Vila en Raxó, a carpa Poio Máxico e a Aldea das Palleiras, en Combarro, coas actuacións da Fedelleneta de Tere e Javi Solla, a Gala do Circo e o Concerto de Panxoliñas. O sábado a programación arranca ás 11.30 horas coa batuka Os Vikingos en Samieira, e remata coa festa pre fin de ano e as badaladas en San Martiño, na que colabora o alumnado do IES de Poio.

A programación continúa esta semana nas Aldeas de Nadal e na carpa Poio Máxico, con actividades e festas para todas as idades. Mañá xoves os puntos de encontro para as familias son a Aldea da Vila, en Raxó, a carpa da Seca e a Aldea das Palleiras en Combarro. Ás 16.30 horas a batukada “Os Queimatasas” comezan a animación polas rúas de Raxó, ata onde se trasladará a Fedelleneta con Tere e Javi Solla Animación (17.30 horas). Ademais, no escenario da carpa Poio Máxico celebrarase a Gala do Circo ás 18.00 horas. Presenta Moura Teatro os espectáculos “Clowntaminación”, con Rudi Dudi; “El autoestopista intergaláctico”, con Aitor Garuz; e “Sin medidas”, con Jano Costas. E a xornada rematará ás 19.00 horas co concerto de panxoliñas Canta nas Croas na Aldea das Palleiras, organizado polo Ateneo Corredoira.

O sábado 30 a programación comezará ás 11.30 en Samieira, co pasarrúas da batukada “Os Vikingos”. Ata a Aldea dos Muíños, ás 12.30 horas, achegarase a Fedelleneta coa animación de Tere e Javi Solla DJ. Xa pola tarde, a música trasladarase primeiro ata a Aldea dos Patos, en Lourido, onde o pasarrúas correrá a cargo dos “Queimatasas” a partir das 16.30 horas. Unha hora despois, será a quenda do Circo do Nadal con Nelson Quinteiro. Na Aldea das Badaladas, en San Martiño, a festa comezará ás 19.00 horas, onde tamén contarán coa batuka “Os Queimatasas” e as actuacións de Nelson Quinteiro e das pandereteiras do Ronsel como aperitivo antes das badaladas pre fin de ano, unha festa neón para a mocidade que arranca ás 21.00 horas, e na que non faltarán as uvas, grafitti ao vivo e a música do DJ Arrow. Colaboran con esta celebración o alumnado, profesores e ANPA do IES de Poio.

Xa o día de fin de ano, na Igrexa San Bernardo de Combarro poderase visitar o Belén Viviente do Ateneo Corredoira ás 12.30 horas. Pola tarde, a programación trasládase á Aldea da Capela, en Campelo, coa batukada “Os vikingos” e as cancións da Aldea Musical do Nadal, con Nelson Quinteiro (18.30 horas).

Tamén a Aldea de Campelo será o punto de encontro o martes 2, pero nesta ocasión co pasarrúas de Vides Novas, ás 17.00 horas, e unha hora despois, coa animación de Tere e Javi Solla DJ e a Fedelleneta do Nadal. Será esa mesma tarde cando o Mosteiro de Poio acolla o Concerto de Aninovo, ás 20.00 horas, destinado para público adulto e tamén con entrada de balde. Actúan a Coral de Poio, Coral Virxe de Fátima e Coro Virxe da Renda, e nos interludios intervén Rosolino Martinello co seu “Jazz á luz das candeas”.

Durante toda a semana continuarán tamén os talleres e xogos no interior da carpa Poio Máxico,  un espazo deseñado para todas as idades, con áreas de xogos de 0-3 anos, doce talleres diarios de manualidades, inchables, zona xuvenil con mesa de ping pong e espazo de videoxogos, así como unha área de lactancia. A entrada é de balde. 

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio