O VENRES INAUGÚRASE A CARPA POIO MÁXICO, CON OBRADOIROS, XOGOS E ACTIVIDADES PARA TODAS AS IDADES

14/01/2024

2023.

Este venres inaugúrase a carpa Poio Máxico, na Seca, un espazo destinado para toda a familia que ofrece obradoiros, xogos e actividades durante todas as tardes ata o 6 de xaneiro, entre as 16.30 e as 20.30 horas e con entrada de balde.

En Poio Máxico inclúense propostas organizadas para todas as idades, desde áreas de xogos de 0-3 anos, ata doce talleres diarios de manualidades, inchables, zona xuvenil con mesa de ping pong e espazo de videoxogos, así como unha área de lactancia. “É un espazo deseñado para as familias, e con propostas de entretemento para todas as idades, desde o máis pequenos ata os adolescentes, porque o Nadal en Poio é de todos e para todos”, sinala o alcalde, Ángel Moldes, que esta mañá visitou a carpa acompañado polos concelleiros de Cultura, Natalia Sabarís, e Festexos, Fran da Silva, para comprobar os últimos traballos e posta a punto.

Na propia carpa poderanse consultar os horarios detallados da extensa programación incluída nos tres espazos destinados para os obradoiros, divididos nos talleres Pereiro, Xuviño e Seara. Alí a rapazada poderá elixir entre catro talleres diarios en cada un destes tres espazos. Como exemplos, poderán participar gratuitamente na elaboración de bonecos de neve, debuxo das Postais de Nadal, en talleres sensoriais con neve, creación de adornos navideños, xogos populares, decoración de cap cakes… E así, ata 135 obradoiros que se van organizar durante todo o Nadal. Tamén están programadas actuacións no escenario da carpa. De feito, o martes 26, inclúese o espectáculo “Hocus Pocus” do Mago Paco (18.00 horas). Ademais, no exterior, resérvase espacio para atraccións lúdicas, como os karts ou o dragón, entre outros.

A carpa Poio Máxico é unha proposta máis de todas as que a programación do Nadal de Poio inclúe para esta fin de semana. Así, o venres pola mañá, a Biblioteca Municipal ás 12.30 horas Contos de Nadal, para todos os públicos. E ao rematar, realizarase o sorteo da Lotería de Nadal dos Libros, entre todas as persoas que durante o mes de decembro levou en préstamo algún exemplar da biblioteca. Xa pola tarde, ás 19.00 horas, na Aldea das Palleiras, en Combarro, será o Concerto Monifate, tamén para público familiar.

PAPÁ NOEL EN TODAS AS PARROQUIAS

Papá Noel percorrerá no Tren Máxico do Nadal todas as parroquias o sábado e o domingo. O sábado pola mañá, estará en Raxó, Samieira, Combarro e San Martiño, mentres que pola tarde visitará A Seca, Campelo, Lourido e a Aldea do Adro. O domingo pola mañá, continuará o percorrido pola Praza do Mosteiro, O Muíño, Fragamoreira, Vilariño, Sartal, Arís, Vilar, O Pereiro, Liñares e Alvar. Ademais, aproveitará a súa estancia en Poio para visitar a Casa Rosada, a Residencia Ballesol, O Casal de Ferreirós e o Palacete de Besada. Os horarios aproximados poderanse consultar nas redes sociais do Concello de Poio. Tras todo este percorrido, a recepción a Papá Noel será entre as 17.00 e as 19.00 horas na carpa Poio Máxico, onde tamén se fará entrega dos premios do concurso das tarxetas de Nadal organizado polo Concello de Poio. 

Tamén o sábado 23, ás 17.30 horas a Asociación de Mulleres Rurais Santa Trahamunda organiza o Belén Vivente na Aldea de Nadal de San Martiño, e ás 19.00 horas, a Asociación Cultural Acordeóns de Campelo organiza o seu Festival de Nadal, con entrada solidaria. Será no local da Comunidade de Montes de San Xoán, na Seca.

O domingo, día de Noiteboa, a Praza de San Roque, en Combarro,  acolle o concurso de Belén tradicional organizado polo Ateneo Corredoira, ás 12.30 horas. E pola tarde, ás 19.00 horas o punto de encontro será na Aldea das Palleiras, tamén en Combarro, co concerto de panxoliñas Canta nas Croas.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio