BOA ACOLLIDA NO INICIO DO FESTIVAL CHALANIÑA, QUE SE CELEBRA ATA O SÁBADO EN POIO

12/01/2024

2023.

Boa acollida no inicio do festival infantil Chalaniña que comezou este mércores en Lourido, organizado polo Concello de Poio e no que os asistentes puideron gozar nesta primeira sesión da actuación do Mago Noel. O festival, gratuíto e destinado ao público familiar, continúa esta tarde, ás 19.30 horas, no pinar da praia co concerto de Pakolas, autor e compositor, que formou parte de grupos infantís como Mamá Cabra ou Gramola Gominola e que agora presenta un traballo en solitario con música pensada tamén nos máis cativos.

Cé orquestra pantasma, que actúa mañá venres no mesmo lugar, leva percorrendo desde 2008 o máis variado panorama festeiro galego e portugués. E por último, o sábado será a quenda de Fantoches Baj no parque de Costa Xiráldez. Trátase dunha compañía de monicreques que presenta a obra O tranvía Leonardo. A través deste festival, desde o Concello de Poio búscase ofrecer unha alternativa de ocio e de lecer durante o verán, ao tempo que se fomenta o gusto dos máis pequenos pola cultura.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio