CONCLUEN OS TRABALLOS DA SENDA QUE UNE A RUTA DOS MUÍÑOS DE SAMIEIRA COA PO-308 NO LAÑO

12/01/2024

2023.

Os traballos para dotar á ruta dos muíños de Samieira dunha nova senda peonil, que servirá para conectar este enclave coa PO-308 á altura da recta do Laño, finalizaron estes días. Así o explica o concelleiro de Urbanismo e Promoción Económica, o socialista Gregorio Agís, que sinala que os labores leváronse a cabo cumprindo cos prazos establecidos. A actuación foi adxudicada á empresa Servicios Medioambientales del Miño SL cun orzamento próximo aos 77.000 euros, que proveñen de fondos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.Esta nova zona de tránsito conta cunha extensión de aproximadamente 200 metros, a que separa a estrada PO-308 coa senda dos muíños.

Ademais de habilitar esta conexión peonil, tamén se procedeu ao acondicionamento de parte do regato e á limpeza retirada de maleza, así como a dotación dunha escaleira para acceder ao Laño. Deste xeito, o núcleo de Samieira pasa a contar cunha conexión para peóns que vai desde a Praza Alfredo Romay ata practicamente a praia do Laño.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio