XA ESTÁ ABERTA A INSCRICIÓN PARA A FORMACIÓN GRATUÍTA GALEGAS DIXITAIS

12/01/2024

2023.

A Concellería de Promoción Económica e Urbanismo informa de que xa está aberto o prazo para poder inscribirse na formación gratuíta Galegas Dixitais, unha iniciativa organizada por Be Project Consultores e Ara Formación, en colaboración co departamento municipal, e que dará comezo o vindeiro luns 24 de abril. A iniciativa, dirixida a mulleres, desenvolverase no Centro de Formación da Reiboa, na parroquia de San Xoán, ata o 2 de xuño. As anotacións poden realizarse contactando co 604039575 ou na páxina web www.galegasdixitais.es.

Tamén é posible obter máis información poñéndose en contacto coa área de Promoción Económica, a través do número de teléfono 986770001 (extensión 1260) ou enviando un correo electrónico a promocioneconomica@concellopoio.org.

Segundo explica o concelleiro responsable desta área, o socialista Gregorio Agís, todas as persoas que se anoten no curso recibirán un ordenador portátil a modo de agasallo, ademais dun título oficial acreditativo unha vez se complete toda a formación. O ciclo ofrece tres bloques diferentes. O primeiro deles, sobre competencias dixitais básicas, céntrase en achegar coñecementos sobre as novas tecnoloxías que resulten usen para os eu manexo no día a día, mentres que a parte máis avanzada xa aposta por ofrecer ferramentas máis concretos para o traballo. Por último, tamén hai un bloque sobre competencias para o emprendemento, moi útil para aquelas mulleres que estean pensando en impulsar un negocio propio.

Esta formación súmase as xa completadas ou que se están levando a cabo a través da área de Promoción Económica e Urbanismo. O vindeiro día 26 inaugurarase un curso de formación para recepcionistas de aloxamentos turísticos, que rematará en maio e que contará tanto con sesións teóricas, a realizar no Centro de Formación da Reiboa, como prácticas en empresas especializadas no sector.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio