O CONCELLO DE POIO SÚMASE UN ANO MÁIS AO PROGRAMA DEPOTERMAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

12/01/2024

2023.

A Concellería de Benestar Social e Mocidade informa de que o Concello de Poio súmase un ano máis ao programa ‘Depotermal’, impulsado pola Deputación de Pontevedra. Esta iniciativa ten coma obxectivo de reforzar as propostas de lecer para as persoas maiores. A oferta lúdica está dirixida á veciñanza de máis de 50 anos. Un requisito indispensable para inscribirse é estar empadroado ou empadroada en Poio. A edil de Benestar Social explica que o prazo para as anotacións permanecerá aberto ata o luns 8 de maio e a inscrición poderá levarse a cabo nas dependencias da Casa Rosada, segundo sinala a titular da área, a socialista Rosa Fernández. Ademais, a veciñanza que o precise pode solicitar cita para cubrir o formulario on line de preinscrición en horario de mañá. As solicitudes tamén poden ser presentadas a través da Sede Electrónica da Deputación.

A institución provincial asigna a cada Concello adherido un número concreto de prazas, que se reservan para persoas en situación de exclusión social, que debe ser acreditada a través dun informe emitido polo departamento de Servizos Sociais. Como xa é habitual, os e as solicitantes terán a opción de elixir entre dous programas termais diferentes: o de asistencia diaria, composto por cinco mañás ou tardes consecutivas, ou o programa de pernoctación. No primeiro caso, Rosa Fernández sinala que “é unha opción moi interesante”, xa que inclúe o transporte. As sesións serán de dúas horas de duración, de luns a venres, no balneario seleccionado.

En canto á modalidade de pernocta, son seis días, con cinco noites en réxime de pensión completa nun hotel con balneario, talaso, spa ou instalacións similares, dentro da provincia de Pontevedra e que inclúe actividades de animación sociocultural. A concelleira de Benestar Social anima ás persoas interesadas a obter máis información na Casa Rosada, chamando ao 986872401 ou na páxina web da Deputación de Pontevedra.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio