COMEZAN OS TRABALLOS PARA A CREACIÓN DUNHA CONEXIÓN A PÉ ENTRE A RUTA DOS MUIÑOS DE SAMIEIRA E A PO-308 NO LAÑO

12/01/2024

2023.

Os concelleiros responsables de Urbanismo e de Obras, os socialistas Gregorio Agís e Julio Casás, supervisaron este martes os traballos que xa se están a acometer na parroquia de Samieira para dotar á ruta dos muíños dunha nova senda peonil, que servirá para enlazar este emprazamento de referencia co lugar do Laño, nas proximidades da PO-308. Os edís do Goberno municipal lembran que a actuación foi adxudicada á empresa Servicios Medioambientales del Miño Sociedad Limitada e contan cun prazo de execución de tres meses, polo que, se non se producen imprevistos, este novo espazo estará operativo antes do verán.

O proxecto conta cun orzamento que supera os 76.000 euros e finánciase a través de fondos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.Nestes primeiros días de actividade o labor da firma adxudicataria céntrase na limpeza e desbroce da zona. Cómpre lembrar que a actuación contempla a posta a punto dunha senda de 200 metros de lonxitude aproximadamente, a distancia que separa a ruta dos muíños coa PO-308. O proxecto inclúe o acondicionamento do regato nos tramos que sexa necesario.

Gregorio Agís e Julio Casás inciden na importancia desta posta a punto da nova senda, xa que, ademais de supoñer un atractivo máis nunha zona que atrae a moitos visitantes, tamén ofrece un servizo moi importante á veciñanza, xa que “consolidamos unha zona de tránsito peonil que sirve como conexión entre o núcleo da parroquia de Samieira e lugares de interese como a senda do Laño ou a propia praia”. Precisamente, este proxecto é a primeira fase dunha actuación “máis ambiciosa e global, que completaremos unha vez rematen estes traballos, de maneira que se poida garantir a mobilidade a pé en toda a zona”, conclúe Gregorio Agís.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio