MOCIÓN CONXUNTA DIA INTERNACIONAL DA MULLER

12/01/2024

2023.

O Pleno aprobou este martes, na súa sesión ordinaria do mes de febreiro, unha moción conxunta, en cuxa elaboración se implicaron todos os grupos da Corporación Municipal, con motivo do Día Internacional da Muller, que será o vindeiro 8 de marzo. A través deste documento, o Concello amosa o seu compromiso en levar a cabo campañas dirixida a reforzar a igualdade entre homes e mulleres e a promover a convivencia en igualdade e o respecto á diversidade, con actividades que divulguen a importancia do papel das mulleres de Poio “na nosa sociedade dirixidas á comunidade educativa e á cidadanía”, ao tempo que se aposta por “elaborar, publicar e difundir un estudo sobre mulleres do municipio no ámbito das ciencias, a tecnoloxía e as matemáticas, co obxectivo de dar visibilidade a veciñas referentes nestes eidos do coñecemento.

A maiores, a Corporación tamén coincide na necesidade de “traballar polo avance da sociedade cara a igualdade de xénero, rexeitando calquera retroceso en dereitos e liberdades para as mulleres”.

Con esta moción búscase, asemade, instar a outras administracións, como o Estado e a Xunta de Galicia, para que desenvolvan accións en favor da conciliación e para que fomenten a igualdade real e efectiva de mulleres e homes en todos os ámbitos. A concelleira de Igualdade e tenente de alcalde, Silvia Díaz (Avante Poio), foi a encargada de facer a exposición deste documento. Durante a súa intervención, advertiu de que “a desigualdade  entre mulleres e homes é problema estrutural que esixe unha resposta social forte. Por iso, é necesario neste 8 de marzo recoñecer os dereitos conquistados, recoñecer a fortaleza do feminismo galego e apoiar as súas mobilizacións publicamente”, sinalou, ao tempo que “demandamos tamén medidas concretas e específicas, deseñadas con perspectiva de xénero”.

Neste sentido, Silvia Díaz fixo fincapé en que “malia os dereitos conquistados nas últimas décadas grazas á loita feminista é preciso seguir impulsando medidas para garantir o cumprimento dos dereitos e obrigas recoñecidos a día de hoxe na lexislación vixente”. A moción tamén se refire á importancia de “impulsar novas políticas e seguir a traballar de maneira transversal en todos os ámbitos para avanzar en igualdade e impedir calquera retroceso nos dereitos xa recoñecidos”.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio