O PROGRAMA ECOINNOVA POIO ACHEGA Á VECIÑANZA PAUTAS PARA UN CONSUMO MÁIS EFICIENTE EN VIVENDAS PARTICULARES

12/01/2024

2023. O Casal de Ferreirós acolleu este martes a que foi a primeira da nova quenda de charlas informativas sobre eficiencia no consumo enerxético, organizadas a través do programa EcoInnova Poio. Trátase dunha iniciativa pioneira no municipio que comezou a sua andaina a finais de 2022 e que está impulsada pola Concellería de Promoción Económica e Urbanismo, dirixida polo socialista Gregorio Agís. Nesta cita, o técnico especializado Diego Padín abordou cuestións vencelladas a acadar un consumo responsable en vivendas particulares, se ben tamén se deu resposta a dúbidas e cuestións máis relacionadas con negocios e establecementos.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio