POIO RECUPERA O SEU ENTROIDO MÁIS TRADICIONAL COA SAÍDA DO DESFILE DESDE CAMPELO E CON MAIORES PREMIOS NO CONCURSO

11/01/2024

2023. Logo de que as edicións de 2021 e 2022 estiven condicionadas irremediablemente pola situación sanitaria da pandemia da COVID-19, Poio está en disposición de recuperar “por todo o alto” un dos seus festexos máis importantes. Trátase do Entroido, que neste 2023 volve con forza, co circuíto tradicional, partindo da Praza da Granxa de Campelo e chegando á explanada situada na Seca, nas inmediacións do CEIP Isidora Riestra. Así o confirmou a concelleira de Cultura, Raquel Rodríguez (BNG), que tamén avanza que nesta edición haberá un incremento nos premios do concurso no que, como xa é habitual, poderán participar veciños e veciñas de xeito individual, por grupos ou por parellas.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio