RAQUEL RODRÍGUEZ FAI ENTREGA DOS LOTES DE LIBROS AOS LECTORES MÁIS FIEIS DA BIBLIOTECA MUNICIPAL

11/01/2024

2023. A concelleira de Cultura e Educación, a nacionalista Raquel Rodríguez, fixo entrega este mércores dun lote de libros ás persoas que durante o ano 2022 solicitaron un maior número de préstamos na Biblioteca Municipal. Tal e como lembra a propia edil, este é un agasallo co que se premia e se incentiva “a paixón pola lectura” e co que se conmemora cada 11 de xaneiro o Día dos Usuarios e Usuarias das Bibliotecas en Galicia. Nesta ocasión, os agasallos foron para o veciño de San Salvador Carlos Osma Moyano e para a veciña de Campelo Irene Mariño Piñeiro.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio