OS COMPOSTEIROS COMUNITARIOS TRATARON MÁIS DE 80 TONELADAS DE RESTO ORGÁNICOS DURANTE 2022, UN INCREMENTO DO 25% CON RESPECTO A 2021

11/01/2024

2023. O concelleiro de Obras e Servizos Municipais, Julio Casás (PSdeG-PSOE), destaca o “sobresaínte funcionamento” dos Centros Comunitarios de Compostaxe (CCC) operativos na parroquia de San Salvador. Tal e como constante a memoria anual elaborada pola mestra composteira, ao longo do ano 2022 tratáronse nestes recipientes máis de 80 toneladas de residuos orgánicos, das cales preto de 55 corresponden a fracción orgánica de residuos municipais (que proveñen das achegas dos veciños) e uns 25 de fracción vexetal. Tal e como indica o edil delegado da área, estas cifras supoñen un incremento de máis do 25% con respecto a 2021.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio