A Policía Local de Poio inicia unha campaña de control da ITV e dos seguros nos coches

10/11/2026

Farase de xeito aleatorio en todas as parroquias, e o obxectivo é garantir a seguridade viaria, comprobar que os vehículos están en bo estado e reducir a sinistralidade.

A Policía Local de Poio desenvolverá nas próximas semanas unha campaña de vixilancia para controlar que os vehículos que circulan polo municipio o fan coa Inspección Técnica de Vehículos (ITV) e o seguro obrigatorio en vigor. Esta campaña farase de xeito aleatorio por todas as parroquias do municipio, e o obxectivo é garantir a seguridade viaria, comprobar que os vehículos están en bo estado e reducir a sinistralidade.

Con respecto á ITV en vigor, revísase si o vehículo pasou unha inspección técnica que garante que os pneumáticos, as luces, os freos, os parabrisas…. están en boas condicións, mentres que no caso do seguro é fundamental que estea en vigor para que a póliza poida cubrir calquera tipo de incidente.

A Policía Local lembra que circular coa ITV caducada supón unha multa de 200 euros e que circular cun vehículo que obtivo un resultado negativo na inspección pode dar lugar a unha multa de 500 euros. Asemade, carecer do seguro obrigatorio supón unha infracción moi grave con sancións económicas moi altas así como o depósito ou precinto do vehículo.

Por iso, recomendan á cidadanía que comproben e revisen que teñen todos estes documentos e revisións en vigor para garantir a súa seguridade e a do resto de condutores que circulan pola estrada.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio