O acto realizouse no parque Costa Xiráldez, en Lourido, onde recentemente se instalou unha escultura dedicada ás familias. Ángel Moldes puxo en valor os servizos de conciliación e atención temperá, os alivios fiscais e a creación de novos espazos de lecer infantil.
O alcalde de Poio, Ángel Moldes, entregou hoxe a Caixa Benvida aos 36 nenos e nenas que naceron no municipio entre abril e xullo: Adrián, Fernando, Cayetana, Yeray, Leo, Leyre, Manuela, Sophia, Pablo, Sienna, Cattaleya, Gaia, Luca, Mencía, Carmen, Ismael, Rosie Lucía, Hugo, Enzo, Catalina, Kloe, Lola, Nora, Mateo, Marc, Maia Raffaela, Olalla, Carolina, Candela, Gala, Teo, Valeria, Sage, Manuel, Noa e Bruno.
A entrega deste obsequio, “que simboliza a aposta do Goberno local polo benestar das familias e polos servizos que contribúen a mellorar a súa calidade de vida”, trasladouse nesta ocasión ao parque Costa Xiráldez, en Lourido, onde hai unhas semanas o Concello de Poio instalou unha escultura na súa honra que representa unha nai abrazando o seu fillo.
O alcalde, Ángel Moldes, puxo en valor que Poio é un concello cunha importante presenza de familias mozas, unha realidade que, segundo sinalou, leva o Goberno local a priorizar e reforzar servizos e recursos orientados ao seu benestar. Neste sentido, lembrou iniciativas como a unidade de atención temperá, a mellora dos servizos de conciliación, os alivios na presión fiscal ou a ampla programación cultural, deportiva e de lecer que se desenvolve ao longo de todo o ano.
Moldes subliñou, ademais, que a renovación e creación de parques infantís, como o de Costa Xiráldez, forma parte dos compromisos adquiridos polo Goberno local. “A mellor satisfacción é comprobar como estes espazos se están convertendo cada serán en auténticos puntos de encontro para as familias e en lugares de xogo seguros, atractivos e diferentes para os nenos e nenas”, afirmou.
Durante o acto, Moldes entregou unha a unha as Caixas Benvida, “un pequeno agasallo que inclúe algúns produtos para axudar nos comezos desta bonita viaxe”, e agradeceu ás familias que elixisen Poio para vivir