Percorrido de vehículos, bendición e cea de confraternidade para festexar o San Cristovo en Poio

09/07/2026

Celebrarase este sábado, 11 de xullo, na Seca, para recoñecer a labor do sector do transporte nun ambiente lúdico e de convivencia.

A Asociación San Cristovo celebra este sábado, 11 de xullo, a tradicional festa na honra do seu patrón, unha cita que serve para recoñecer o labor do sector do transporte nun ambiente lúdico e de convivencia.

O alcalde, Ángel Moldes, e o concelleiro de Festexos, Fran Dasilva, participaron na presentación do programa desta celebración, que alcanza xa a súa décimo sexta edición e que inclúe actos litúrxicos, actuacións musicais e unha cea-baile de confraternidade.

A programación comezará ás 18.00 horas na Seca cunha concentración de vehículos nunha carpa instalada para a ocasión, onde posteriormente se celebrará unha misa cantada pola Coral de Poio. Ao rematar, terá lugar a tradicional bendición de todos os vehículos asistentes. A xornada contará tamén coa actuación da agrupación folclórica local Vides Novas.

De seguido, iniciarase o percorrido de todos os vehículos participantes polas rúas do municipio. Ás 22.00 horas celebrarase a cea de confraternidade, tamén nunha carpa instalada na Seca, amenizada pola música do grupo Marema.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio