Preto de cen persoas disfrutaron da excursión familiar organizada polo Concello a Amarante

06/07/2026

Ángel Moldes: «Foi unha xornada moi especial na que as familias puideron compartir tempo de calidade, crear novos recordos e disfrutar dunha experiencia diferente».

Un grupo de cen persoas participou este domingo na excursión familiar organizada polo Concello de Poio ao Parque Acuático de Amarante, en Portugal, nunha xornada marcada pola diversión, a convivencia e o bo ambiente.

Esta iniciativa enmárcase dentro da programación familiar que o Goberno local desenvolve ao longo de todo o ano co obxectivo de ofrecer alternativas de ocio saudable, fomentar a participación cidadá e crear espazos de encontro e relación entre os veciños e veciñas do municipio.

As persoas participantes gozaron dunha intensa xornada no parque acuático de montaña máis grande da península ibérica e un referente no norte de Portugal, onde puideron compartir momentos de lecer, refrescarse nas súas múltiples atraccións e vivir unha experiencia que deixou un excelente sabor de boca entre familias, nenos, nenas e persoas adultas.

O alcalde, Ángel Moldes, que acompañou ao grupo xunto coa concelleira de Mocidade, Tamara González, amosou a súa satisfacción pola elevada participación e pola magnífica resposta obtida nesta actividade. «Foi unha xornada moi especial na que as familias puideron compartir tempo de calidade, crear novos recordos e disfrutar dunha experiencia diferente. O entusiasmo e a ilusión que se respiraron durante toda a excursión son a mellor mostra do éxito desta proposta», sinalou.

Desde o Concello destacan que este tipo de iniciativas contribúen a fortalecer os vínculos entre a veciñanza, favorecen a convivencia e consolidan unha programación familiar que segue a contar cunha gran acollida por parte da cidadanía.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio