A selección farase por oposición libre para cubrir unha praza de Oficial de Policía, unha praza de avogado de disciplina urbanística, un oficial de enterrador e un praza de persoal de limpeza. As persoas aspirantes poden presentar as súas solicitudes entre o 11 e o 30 de xuño, incluído, a través da Sede Electrónica.
O Concello de Poio convoca o proceso selectivo para prover varias prazas incluídas na Oferta Pública de Emprego do ano 2026. O Boletín Oficial do Estado publicou hoxe o anuncio que permite abrir o prazo para que as persoas aspirantes poidan optar a unha praza de Oficial de Policía, unha praza de avogado de disciplina urbanística, un oficial de enterrador ou unha praza de persoal de limpeza. Deberán presentar as solucitudes pola Sede Electrónica do Concello de Poio entre mañá, día 11, e o 30 de xuño, incluído.
A selección farase por oposición libre, e as bases xerais e específicas de cada proceso poden consultarse no taboleiro do Concello de Poio ou no Boletín Oficial da Provincia do 7 de abril.
O obxectivo do Concello de Poio é cubrir e reforzar varios servizos municipais, co obxectivo de mellorar a calidade na atención e a axilidade nos procedementos para a veciñanza.
AVANZA O PROCESO DE SELECCIÓN DE CATORCE PRAZAS INCLUÍDAS NA CONVOCATORIA DE EMPREGO PÚBLICO
Por outra banda, o Concello de Poio ten actualmente en marcha o proceso de selección doutras catorce prazas para reforzar os servizos públicos e mellorar a atención á veciñanza, incorporando persoal en áreas clave do funcionamento diario do concello, como a atención social, as brigadas municipais ou na área de deportes. En concreto, as prazas corresponden a dúas prazas de traballador/a social, cinco auxiliares de limpeza, tres operarios de servizos, un oficial de albanel e, dous axudantes de deportes e un monitor deportivo. Nestes casos, o proceso xa está moi avanzado, e a previsión municipal é que quede quede resolto ao longo do próximo trimestre, permitindo así a incorporación progresiva do novo persoal ás distintas áreas municipais.