Vinte bebés reciben a Caixa Benvida, unha mostra do compromiso do Concello de Poio coas familias

12/04/2026

A iniciativa pretende poñer en valor o papel fundamental das familias e reafirmar o compromiso do Goberno local coa posta en marcha de servizos, infraestruturas e políticas que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a facer de Poio un lugar atractivo para vivir e medrar.

O alcalde de Poio, Ángel Moldes, recibiu esta mañá na Casa do Concello ás familias dos vinte bebés nados no primeiro trimestre do ano no municipio. Durante o encontro, fíxolles entrega da Caixa Benvida, un agasallo simbólico co que o Concello quere dar a benvida aos novos veciños e veciñas, e recoñeceu de maneira especial aos protagonistas da xornada: Mateo Carballo, Justina, Briana, Nuno García, Ainhoa, Manuel, Eiden, Akira, Hugo, Leo, Galdán, Mateo Penido, Thiago Noe, Yonai, Ferrán, Nuno Vázquez, Isabella, Tomé, Martina e Lucía,aos que o alcalde deu a benvida como novos veciños e veciñas do municipio.

A iniciativa pretende poñer en valor o papel fundamental das familias e reafirmar o compromiso do Goberno local coa posta en marcha de servizos, infraestruturas e políticas que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a facer de Poio un lugar atractivo para vivir e medrar.

Durante o acto, Moldes destacou que Poio é un dos concellos da provincia que mantén un maior crecemento da natalidade, un dato que cualificou de “moi positivo e esperanzador para o futuro do municipio”.

Así mesmo, o rexedor enumerou algunhas das medidas impulsadas polo Goberno local para apoiar ás familias, entre as que destacou a bonificación do IBI de entre o 40% e o 90% para familias numerosas, a posta en marcha da Unidade de Atención Temperá de Poio, as axudas para reducir o custo do comedor escolar, os programas de conciliación durante os meses de verán con máis de 1.000 prazas, a creación de novas áreas lúdicas e de lecer, así como unha programación cultural anual ampla, variada e pensada para todos os públicos.

O alcalde agradeceu a asistencia das familias e felicitounas polos novos nacementos, ao tempo que reiterou o compromiso do Concello de seguir traballando para ofrecer máis recursos e oportunidades ás familias de Poio.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio