O Goberno implantará o próximo ano unha liña de transporte para facilitar a mobilidade entre as parroquias

13/12/2025

Permitirá conectar o rural coas zonas urbanas e dar resposta a unha demanda histórica. O Goberno local xa reserva fondos no orzamento municipal de 2026. O obxectivo é incluílo no Servizo de Interese Municipal (SIMU), que permitiría beneficiarse aos usuarios das bonificacións do transporte metropolitano e da gratuidade para menores de 21 e maiores de 65 anos.

Unha liña de transporte facilitará a mobilidade entre as parroquias de Poio. É un dos servizosnovosque o Goberno local implantará o próximo ano e co que dará resposta a unha demanda histórica no municipio, potenciando a mobilidade e os desprazamentos internos, e cumprindo cun dos compromisos adquiridos coa veciñanza.

O transporte cubrirá as zonas interiores de Poio, para vertebrar e comunicar todas as parroquias, facilitando así os desprazamentos entre diferentes lugares e permitir que, veciños e veciñas que carecen de coche, poidan desprazarse sen necesidade de depender de terceiras persoas ou mesmo, que aínda téndoo, aposta por un transporte máis sostible.

O Goberno local xa reservará fondos no orzamento de 2026. Unha partida de 30.000 euros para poñer en marcha un proxecto piloto que funcionará en horario de mañá e completará as rutas regulares de transporte e de transporte integrado que funcionan na actualidade. “É importante reforzar o transporte entre concellos, pero tamén é fundamental facilitar a mobilidade interna. É unha necesidade real á que queremos darlle resposta para mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza”, salienta o alcalde, Ángel Moldes. O rexedor explica que o obxectivo é ir implantando itinerarios de forma progresiva para avaliar cales son os máis axeitados en función da demanda.

Este novo servizo conectará Lourido, Anafáns, Campelo, Casal, Vilariño, Sartal, Arís, Ucha, San Martiño, Fontenla, Raxó, Samieira, Chancelas, Xuviño, Esperón, Pereiro, Casalvito, A Pinela… facendo tamén parada na Praza do Mosteiro. Ademais, Moldes sinala que o obxectivo será asinar un convenio coa Xunta de Galicia para incluír esta liña no Servizo de Interese Municipal (SIMU). Unha integración que permitirá, ademais, que os usuarios se beneficiendas bonificacións do transporte metropolitano, isto é transbordos gratuítos, así como das bonificacións e da gratuidade que actualmente están activas coa tarxeta Xente Nova e para maiores de 65 anos.

Por último, o alcaldesubliña que esta iniciativa “constitúe un paso máis na aposta por un Poio máis accesible, cohesionado e con mellores servizos públicos”. O Goberno local destaca tamén que, se o proxecto piloto obtén unha boa acollida, estudarán incorporarparadas adicionais ou conexións con outros servizos de interese.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio