O cadro solidario de Faustino Ucha regresa a Poio para recadar fondos con fins sociais

20/11/2025

Continúa en marcha a campaña solidaria do Concello de Poio “Ningunha crianza sen xoguete”.

Coas festas de Nadal chamando ás portas, o veciño e extraballador do Concello de Poio, Faustino Ucha, volve a doar unha obra en óleo ao Concello de Poio para poñer en marcha a iniciativa «O cadro solidario». Os cartos que se recaden coa venda de papeletas serán destinados a un fin social. Este ano recolle na súa pintura unha escea que ben identifica ao pobo: dous homes apañando redes no muelle de Campelo.

O día 14 de xaneiro ás 11.00 horas será o sorteo no salón do centro social da Casa Rosada. A concelleira, Natividad Torres, amosa o seu agradecemento por «un xesto tan xeneroso e que vai repercutir de xeito directo en moitas familias en situación de especial vulnerabilidade».

Por outra banda, continúa en marcha a campaña solidaria do Concello de Poio “Ningunha crianza sen xoguete”, unha iniciativa que se consolida ano tras ano como un dos proxectos máis emotivos do Nadal no municipio. O obxectivo é claro: garantir que todos os nenos e nenas de Poio poidan vivir estas festas con ilusión, sen que as dificultades económicas das súas familias lles impidan gozar da maxia e da alegría propias destas datas.

A campaña estará activa ata o 28 de novembro, período durante o cal as persoas interesadas poderán entregar xoguetes en bo estado, limpos e con todas as pezas, en dous puntos habilitados polo Concello: no Pazo Besada, de luns a venres, entre as 9.00 e as 14.00 horas e na Casa Rosada, en horario de tarde, de 17.00 a 20.00 horas.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio