O Concello de Poio vén de poñer en marcha unha campaña intensiva de limpeza da rede de pluviais en todas as parroquias do municipio, coa finalidade de previr atascos, inundacións e outros danos ante a chegada da tempada de chuvias intensas.
Unha brigada de operarios municipais está a desenvolver estes traballos preventivos, que inclúen a retirada de residuos, follas e ramas que se acumulan nas cunetas, arquetas e reixas das estradas. O obxectivo é garantir un correcto funcionamento do sistema de drenaxe e evitar posibles colapsos nos días de maior precipitacións.
Segundo explica o concelleiro de Obras e Servizos, Marcial García, o Goberno local está a aproveitar os recursos propios, tanto humanos como materiais, para levar a cabo estas tarefas de mantemento, que se consideran fundamentais para asegurar a seguridade viaria e o benestar da veciñanza durante o outono e o inverno.
Desde o Concello insisten na importancia deste tipo de accións preventivas, que permiten reducir os riscos derivados das condicións meteorolóxicas adversas e mellorar a resposta ante episodios de choiva intensa.