25 persoas adquiren novas competencias dixitais nos cursos que se imparten en Poio ata o mes de abril

14/01/2025

É un curso de nivel intermedio, que se desenvolve ata abril na aula da Reiboa e que agasalla cun equipo informático ao alumnado que supere o itinerario.

Un total de 25persoas comezaron hoxe a súa formación en competencias dixitais nivel intermedio nun curso que se imparte en Poio ata o mes de abril. Unha formacións gratuítas, de 200 horas, e que ofrecerá ao alumnado nocións para facilitar a busca e xestión de información dixital, resolución de problemas coa entorna dixital, creación de contido dixital e programación, seguridade e civismo na contorna dixital e comunicación e colaboración coa ferramenta dixital. Ademais, tamén se incluirán módulos de formación para a igualdade e de orientación laboral.

O alcalde, Ángel Moldes, e a concelleira de Promoción Económica, Maritxe González, inauguraron esta mañá o curso na Reiboa, e incidiron na oportunidade que supón para todos os participantes “non só a nivel persoal ou social, creando sinerxias entre o alumnado, porque hoxe estar conectados é tamén importante para mellorar a empregabilidade, para relacionarse coas administracións ou para facer calquera outro tipo de xestión diaria”. Neste senso, subliñaron que van a adquirir uns coñecementos fundamentais de xeito gratuíto e, ademais, coa posibilidade de recibir un equipo informático ao rematar para seguir practicando nos seus fogares con todo o aprendido na aula.

Trátase do proxecto DIXIGAL, promovido pola Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Poio e financiado a través de fondos europeos, e que permitirá ao alumnado seguir avanzando en coñecementos informáticos que permitan mellorar a súa empregabilidade, favorecer a busca de emprego a través da rede e, incluso, facilitar as súas xestións a través da rede. Nesta ocasión, o curso ofrecerá ao alumando ensinanzas en nivel intermedio, para deste xeito dar continuidade ás aprendizaxes de iniciación que se organizaron ao longo do ano pasado neste concello.

O curso divídese en cinco unidades formativas de 40 horas cada un delas. Conta con 25 prazas, dirixidas preferente a persoas en situación de desemprego, e desenvólvese entre o 14 de xaneiro e finais de abril na Aula da Reiboa.

No último ano, a través de diferentes iniciativas impulsadas polo Concello de Poio, 215 persoas recibiron formación gratuíta en novas competencias dixitais para mellorar a súa adaptación ao mercado laboral.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio