XA ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL PARA AS BRIGADAS CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

12/01/2024

2023.

O Concello de Poio informa de que permanece aberto o prazo de presentación de solicitudes para a contratación de persoal para que o municipio conte durante os meses de verán cunha brigada de incendios. O período permanecerá operativo ata a vindeira semana. O edil de Persoal e Medio Ambiente, o nacionalista Xosé Luís Martínez, sinala que a documentación requirida para poder participar no proceso selectivo deberá ser presentada a través da Sede Electrónica. No caso de optar pola vía presencial no Rexistro Xeral, resultará indispensable solicitar cita previa. Ademais, na propia Sede Electrónica as persoas interesadas poderán consultar as bases e os requisitos necesarios para optar a esta convocatoria. As probas selectivas levaranse a cabo a través de concurso-oposición libre.

Ao igual que en anos anteriores, está previsto que a brigada conte dura cun xefe de brigada, un peón-condutor,  peóns de brigada e  condutores de vehículos motobomba. En principio, a duración dos contratos, que seguirán a modalidade de eventualidade, será de tres meses. Os e as profesionais que se contraten velarán pola vixía e a defensa contra o lume, efectuando, en caso de que fosen necesarias, tarefas de prevención, de cara a evitar posibles incendios durante a tempada estival. Unha vez expirado o período de presentación de solicitudes, darase a coñecer o listado provisional de persoas admitidas. Será entón cando se abra un período de dous días hábiles para a presentación de reclamacións, antes de que se emita a listaxe definitiva.

Para a resolución de dúbidas ponse a disposición das persoas interesadas a opción de enviar un correo electrónico ao departamento de Persoal, na dirección mercedes.cochon.lopez@concellopoio.com

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio