Exhibición de cetrería, espectáculo na rúa, xustas medievais, teatro, mercados medievais, actividades para os máis pequenos… Unha programación moi completa que non só supón unha defensa da teoría do Colón galego, senón que tamén supón un revulsivo e dinamizador socioeconómico do concello.
A Casa Museo Colón, en Portosanto, foi o lugar elixido para presentar a programación do Día de Colón, que se celebra o vindeiro venres e sábado, 9 e 10 de maio, en Combarro. Organizado polas asociacións Combrus, Leucoíña e Vides Novas, coa colaboración do Concello, segundo recoñeceu o alcalde, Ángel Moldes, conta cunha programación moi completa, atractiva e para toda a familia que supón un revulsivo e dinamizador socioeconómico moi importante para o concello fóra da tempada alta, ademais de seguir defendendo a teoría da orixe galega do almirante que, insisten, está moi documentada.
O escritor Rodrigo Costoya Santos, autor da novela «Portosanto», será o pregoeiro dunha edición que arranca o venres, ás 17.00 horas na Praza da Chousa coa apertura do mercado artesanal. Unha xornada na que tamén se inclúe unha exhibición de cetrería e a chegada da Nao SAnta María con Colón e a súa tripulación acompañados por músicos e outros artistas. Xa o sábado, haberá moito espectáculo na rúa, xusta medieval, tiro con arco, esgrima, concerto, obradoiros… e outros xogos e actividades para toda a familia que farán do Día de Colón en Combarro unha experiencia única.
PROGRAMA DÍA DE COLÓN
Venres, 9 maio – Praza do Portosanto (Praza da Chousa)
17.00 h. Apertura do mercado artesanal.
19.00 h. Exhibición de cetrería: “Las Águilas de Valporquero”.
20.00 h. Chegada da Nao Santa María con Colón, a súa tripulación, músicos e outros artistas.
20.30 h. Lectura do pregón a cargo de Rodrigo Costoya Santos, autor da novela “Portosanto”.
21.15 h. Bailes medievais (Asociación Leucoíña).
Sábado, 10 maio
11.00 h. Apertura do mercado artesanal.
Talleres demostrativos: canteiros, cesteiras, palilleiras, redeiras…
Clases de esgrima medieval.
Lugar: Praza do Portosanto (Praza da Chousa)
Exhibición e obradoiro tiro con arco (Arco Xeve)
Lugar: Praia de Punta Galea (Praia do Padrón).
11.30 h. Comezo da Festa dos Meniños. Lugar: Praza do Almirante (Praza do Alcalde).
Zona infantil na Praza do Portosanto (Praza da Chousa).
12.00 h. Durante todo o día artistas percorrerán as rúas con música e trucos (Vides Novas, Escola de Música Tradicional de Poio, Os Mendigos…).
Bailes medievais (Asociación Leucoíña).
Lugar: Praza do Portosanto (Praza da Chousa).
12.30 h. Exhibición de esgrima histórica (Sala Viguesa de Esgrima Antigua). Lugar: Praza de Portosanto (Praza da Chousa).
Teatro polas rúas, con Moura Teatro, acompañados de percusión, gaiteiros, cantos…
13.00 h. Exhibición de cetrería: “Las Águilas de Valporquero”.
Lugar: Praza do Portosanto (Praza da Chousa).
16.00 h. Exhibición e obradoiro de tiro con arco. Lugar: Praia de Punta Galea (Praia do Padrón).
16.30 h. Carreira de barrís e de sacos, lanzamento de alpacas… (Grupo Carnaval Samieira). Lugar: Praza do Portosanto (Praza da Chousa).
Músicos e artistas percorren as rúas: Pandereteiras do Ronsel, Os Queimatasas, Os Mendigos, Escola de Música Tradicional de Poio).
17.00 h. Exhibición de esgrima histórica (Sala Viguesa de Esgrima Antigua). Lugar: Praza de Portosanto (Praza da Chousa).
17.30 h. Exhibición de cetrería: “Las Águilas de Valporquero”.
Lugar: Praza do Portosanto (Praza da Chousa).
18.30 h. Xusta Medieval (Especialistas Hípica Celta). Lugar: Praza de Portosanto (Praza da Chousa).
20.00 h. Concerto música medieval “Os Mendigos”. Lugar Praza San Salvador (Praza San Roque).
21.00 h. Espectáculo medieval de Lume. Lugar: Praza de Portosanto (Praza da Chousa).