“O noso municipio conta cun tecido asociativo moi dinámico e comprometido. Non se trata só do número de entidades que existen, senón da calidade e diversidade das actividades que impulsan ao longo de todo o ano. Con estas achegas, desde o Concello queremos reforzar o seu labor e garantir que poidan continuar coa súa importante función social e cultural”, sinala Fran Dasilva.
Un total de 26 eventos lúdicos organizados por colectivos e asociacións locais recibirán fondos do Concello de Poio a través das subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización deste tipo de actividades, entre as que se inclúen festas patronais, parroquiais, gastronómicas, festivais, magostos ou calquera outro tipo de eventos.
Segunda explica o concelleiro de Festexos, Fran Dasilva, o reparto destas axudas fíxose, exclusivamente, por concorrencia competitiva, asegurando así unha concesión e xestión dos fondos transparente, obxectiva e equitativa. O Concello de Poio destinou para este plan de axudas 64.100 euros, que se dividen en dúas liñas, unha para actividades lúdicas e outra destinada especificamente para magostos que, polo seu arraigo, se levan a cabo nas diferentes parroquias. “O noso municipio conta cun tecido asociativo moi dinámico e comprometido. Non se trata só do número de entidades que existen, senón da calidade e diversidade das actividades que impulsan ao longo de todo o ano. Con estas achegas, desde o Concello queremos reforzar o seu labor e garantir que poidan continuar coa súa importante función social e cultural”, sinala.
O listado de eventos que contarán este ano con fondos municipais pódese consultar no Taboleiro de Anuncios. Na liña 1 inclúense a Festa da Merced (organizada pola AF Seglar Mercedarias Orden 3ª), Festa de San Xosé (AAVV San Xosé do Pereiro), XV San Cristovo (A. Recreativa San Cristóbal de Poio), Festa das Dores e Festa de San Martiño (AC Gaiteiro Manuel Villanueva), Festa do Carme (AAVV de Campelo), XLIII Semana Cultural (CC Ateneo Corredoira), Festa do Carme e Festa de San Roque (Comisión de Festexos de Combarro), Oktoberfest Campelo (ADC Campelo), Samaín (AAMM Arela), XV Festa do Rosario (A. Veciñal Cultural Recreativa Vilariño), Rapa das Bestas (A. Ganadero Monte Castrove), Festa da Fátima (Comisión de Festas de Campelo), Virxe da Renda (Cemeterio Veciñal de Combarro), Festa da Saleta e Festa de San Gragorio (Asociación Festas de Raxó), Festa de San Salvador (AC Viñas das Festas de San Salvador) e XV Festa dos Callos (AAVV Boureante).
No caso dos magostos, acéptanse todas as solicitudes presentadas, que son os de Raxó (AC Festas de Raxó), Lourido (AAVV Cultural e Deportiva de Lourido), Combarro (Ateneo Corredoira), Campelo (AAVV Campelo), Vilariño (AVCR Vilariño), Sartal (ACV Ronsel) e da Seca (AAVV Boureante) recibirán unha subvención de 600 euros cada un.
A estas liñas de subvencións pudo optar calquera entidade inscrita no rexistro municipal de asociacións do Concello de Poio ou comisión de festas que organice algunha actividade ao longo do ano. Á hora de valorar as propostas, a comisión de valoración tivo en conta aspectos e criterios como a programación da actividade, as festas de carácter parroquial que constitúen un valor especial do patrimonio inmaterial ou o orzamento total subvencionable, e este ano, como novidade, incluíuse tamén como criterio o arraigo que supón para a poboación esa actividade así como a súa duración.