Un grupo de 20 persoas disfrutan dunha escapada termal en Monçao, organizada polo Concello de Poio

20/05/2024

Un grupo de 20 persoas partiron esta mañá cara Monçao, onde participarán ata o venres dunha escapada termal no balneario desta localidade portuguesa. A actividade, organizada pola concellería de Benestar e Igualdade, inclúe aloxamento nun hotel de catro estrelas, almorzo e acceso diario ao club termal.

A concelleira Natividad Torres achegouse esta mañá ata a rotonda da Barca para despedir o grupo. Recorda que o obxectivo desta proposta é fomentar un envellecemento activo, mellorando a calidade de vida dos participantes. Deste xeito, non só se benefician dos tratamentos termais, senón que ademais teñen a oportunidade de compartir tempo de lecer con outras persoas e gozar de actividades que melloran o seu estado anímico.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio