TODO LISTO PARA QUE POIO VOLVA GOZAR DO ENTROIDO DE REFERENCIA DA BISBARRA DE PONTEVEDRA

12/01/2024

2023. O Entroido de Poio volve este mes de febreiro por todo o alto “para ser unha vez máis unha das citas de referencia na bisbarra dentro destas emblemáticas celebracións e contar cunha gran participación”. Así o aseguraron este xoves o alcalde, Luciano Sobral, e a concelleira de Cultura, Raquel Rodríguez (BNG), durante o acto de presentación do programa, no que estiveron acompañados pola edil nacionalista Marga Caldas e representantes dos colectivos que, tal e como recoñeceu a propia Rodríguez Alonso, “coa súa implicación, esforzo e traballo fan posible que o noso Entroido conte cun dos calendarios máis amplos e variados de toda a provincia de Pontevedra”.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio