TODO LISTO PARA QUE A PARROQUIA DE SAN SALVADORA ACOLLA ESTE SÁBADO A CUARTA EDICIÓN DO FESTIVAL SONS DE ÁNKAR

12/01/2024

2023.

Xa está todo listo para que a parroquia de San Salvador acolla este sábado, 29 de abril, unha das grandes citas do programa Primavera en Poio. Trátase do Festival Sons de Ánkar, que nesta cuarta edición experimenta unha importante transformación con respecto a anos anteriores, nunha data diferente e cun novo formato. O que si mantén é o seu espírito de apostar por grandes artistas e grupos de Galicia como atractivos. Así, nesta ocasión os concertos gratuítos correrán a cargo de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, que serán os encargados de iniciar o evento ás 19.40 horas, Treixadura (21.00 horas) e o gran peche correrá a cargo das Tanxugueiras (22.30 horas).

O concelleiro de Festexos, Xosé Luís Martínez, explica que estes horarios son aproximados. Todas as actuacións terán lugar na explanada do parque de Ánkar, un emprazamento que se atopa moi próximo ao núcleo de San Salvador e que conta con zonas próximas para estacionar, como é o aparcadoiro habilitado polo Concello entre a Rúa Palestina e o Camiño das Bocas.

Martínez Blanco prevé que o Sons de Ánkar atraia a un gran número de asistentes de diferentes lugares. Ademais da música, tamén a gastronomía terá o seu protagonismo, xa que se habilitarán na zona varios postos e ‘foodtrucks’. Con respecto ás actuacións, Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre volven a Poio, logo de que o artista coruñés fora un dos grandes reclamos da primeira edición do Sons de Ánkar en 2020. Agora, acompañado polas Adufeiras de Salitre, protagoniza un gran espectáculo musical, cun directo chego de potencia e no que a percusión é unha das grandes protagonistas. Pola súa banda, Treixadura tamén é un dos grupos máis emblemáticos de Galicia, logo de iniciar a súa traxectoria musical en Redondela hai xa máis de tres décadas.

O broche de ouro o porán Tanxugueiras. O grupo formado polas irmás Sabela e Olaia Maneiro, xunto a Aída Tarrío, está a protagonizar unha meteórica carreira desde a súa estrea hai apenas cinco anos, cun gran punto de inflexión no 2022, coa súa participación no Benidorm Fest. Actualmente, as galegas contan cunha consolidada traxectoria máis aló das fronteiras do país, grazas á mistura que nas súas composicións se fai da tradición milenaria cos ritmos urbanos, sempre coa linga galega como gran protagonista. As autoras de temas como Figa, Averno ou Terra  chegarán a Poio meses para presentar o seu último disco, Diluvio.

O ‘Primavera en Poio’ continuará este domingo, 30 de abril, coa actuación da Orquestra Marbella na Praza Alfredo Romay de Samieira. O programa pecharase o 16 de maio, con París de Noia e Los Coleguitas na Praza da Granxa de Campelo.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio