Reunión coa Consellería de Educación para abordar melloras nos colexios de Poio

24/10/2025

O alcalde de Poio, Ángel Moldes, mantivo esta mañá en Santiago de Compostela unha reunión co conselleiro de Educación, Román Rodríguez, co obxectivo de analizar o estado actual e as principais necesidades dos centros de ensino de primaria do municipio.

No encontro, no que tamén participou a concelleira de Cultura e Educación, Natalia Sabarís, o rexedor trasladou as prioridades e demandas da comunidade educativa de Poio, facendo fincapé no esforzo económico constante que realiza o Concello para garantir o mantemento dos colexios ao longo de todo o ano.

Non obstante, sinalou que existen determinadas necesidades nos centros educativos que requiren actuacións de maior envergadura, que van máis alá das tarefas de mantemento habitual, e para as cales resulta fundamental contar coa colaboración da Consellería.

O alcalde agradeceu a boa disposición e o compromiso amosados por Román Rodríguez, quen expresou a vontade da Consellería de Educación de seguir investindo na mellora dos colexios públicos de Poio. Ambas administracións acordaron traballar de maneira coordinada e consensuar un calendario de actuacións que dea resposta ás principais necesidades dos centros educativos do municipio.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio