REPARTO DE NOVOS COMPOSTEIROS INDIVIDUAIS ENTRE OS VECIÑOS

14/01/2024

2023.

O Concello de Poio fixo entrega dun lote de doce composteiros individuais entre veciños do municipio que, ademais, participaron tamén nunha charla impartida pola mestra composteira na aula da Reiboa.

Na sesión, á que tamén asistiu o concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Domínguez, explicouse aos asistentes o funcionamento e os beneficios de compostar restos de comida e vexetais no fogar, tanto a nivel medio ambiental como económico, xa que a elaboración de compost tamén supón unha redución do lixo que se envía a Sogama e, polo tanto, redunda directamente nun descenso de custes.

Para solicitar os composteiros é necesario contactar previamente coa mestra composteira, chamando ao teléfono 604025288, no que tamén poden anotarse para participar nestas sesións ou solicitar maior información.

Desde o Concello de Poio, Manuel Domínguez recorda que a compostaxe é o xeito máis beneficioso para todos á hora de xestionar os residuos orgánicos.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio