Reparan a pasarela da praia de Cabeceira

16/04/2024

Os traballos, que quedarán rematados entre hoxe e mañá, inclúen a reposición de todas as pezas de madeira danadas así como da varanda metálica que hai no acceso, rota trala caída dunha árbore.

Esta pasarela de madeira permite un itinerario accesible para as persoas con mobilidade reducida desde o paseo marítimo ata a praia, e tamén é unha vía de entrada e de saída para as mariscadoras que faenan no lugar. Tras os temporais de finais de outubro e novembro pechouse por precaución, xa que provocaron uns danos importantes que afectaban á estrutura da pasarela. A reparación da pasarela era prioritaria, pero desde o concello explican que fíxose necesario esperar á tala das árbores que supoñían un risco evidente de caída, para asegurar que non ocasionaban danos novos na estrutura.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio