Remataron os obradoiros e actividades organizados polo Concello de Poio para os máis pequenos e que nos meses de verán percorreron diferentes localizacións ao aire libre en todas as parroquias. Uns talleres que contaron con gran participación das familias en Raxó, Samieira, Combarro, Lourido, Campelo, Vilariño… O obxectivo é que a rapazada goce do ocio e de actividades ao aire libre tamén durante os meses de xullo e de agosto, e o faga nos lugares máis concorridos durante as vacacións de verán, como poden ser as praias ou as prazas, ao tempo que se fomentan as actividades e creacións con materiais reciclados.
As obras na PO-308 avanzan a bo ritmo, e permitirán recuperar o espazo público para as persoas, priorizar o tránsito...LER MÁIS